Letras Web

Cantiga Do Celta

A Roda

21 acessos

Díxolle o sobriño o tío, o entrar en Balaidos,
díxolle e sobriño o tío, si ganámolo domingo
fágoche socio de río,
fágoche socio de río, (Bis)
o entrar en Balaidos, díxolle o sobriño o tío.

Retrouso
Sempre andas dicindo
pro ano que ven,
e chega outro ano,
e pasa tamén,
e pasa tamén, (Bis)
sempre andas dicindo
pra o ano que ven.

Dixéronlle o presidente, os de tribuna cuberta
dixéronlle o presidente, pra temporada que ven
temos que cambiar de xente
temos que cambiar de xente, (Bis)
os de tribuna cuberta, dixéronlle o presidente

Retrouso
Sempre andas dicindo....

Foron os de marcador-e,
os que mais se cabrearon
foron os de marcador-e, que pedían a cabeza
do señor entrenador-e
do señor entrenador-e, (Bis)
os que mais se cabrearon,
foron os de marcador-e.

Retrouso
Sempre andas dicindo....

(Continúa na pax. seguinte)
Son os que nunca protestan,
os de gol e xeneral-e
son os que nunca protestan
como están tan separados
nunca se enteran da festa,
nunca se enteran da festa, (Bis)
os de gol e xeneral-e, son os que nunca protestan

Retrouso
Sempre andas dicindo....

Son os que forman o lio, os que tiran almoadillas
son os que forman o lio, os que tiran almoadillas
son os da grada de río,
son os de grada de río, (Bis)
os que tiran almoadillas, son os que forman o lio.

Retrouso
Sempre andas dicindo
pro ano que ven,
e chega outro ano,
e pasa tamén,
e pasa tamén, (Bis)
sempre andas dicindo
pra o ano que ven.
(Bis)

Top Letras de A Roda

  1. Cantiga Do Corrubedo
  2. Cantiga Ó Traballo
  3. Cantigas Do Viño
  4. Cantiga De Pontevedra
  5. Desfeita Galega
  6. Cantiga Do Celta
  7. A Filla