Letras Web

Madrigal da Lúa

Xerión

3 acessos

Na profundidade do bosque
Non hai sombra que me protexa
Dos perigosos encantos
Da túa branca beleza
Raiña da escuridade
Tortúrasme coa túa presenza
Mentres no meu interior
Transmútase a miña esenza
Oh lúa, paradoxa inmortal!
A túa luz brila nos meus ollos
Pero o teu feitizo corre polo meu sangue e os designios das estrelas guíanme...
Non! a súa voz confúndeme...
Esperto,
A Néboa cúbreme nun leito de musgo
Mentres o recordo dun sono
Golpea a miña conciencia
A loucura abrázame coa súa sonrisa
Cando un reflexo de prata rasga
O meu peito e observo ó meu lado o corpo tendido e o orballo cubre o meu rostro inerte...

Top Letras de Xerión

  1. De svevis in Gallaecia
  2. Aqueles Que Nos Deixan Atrás
  3. Do Lume Céltico
  4. Na Noite dos Tempos
  5. O Trono de Breogán
  6. No Pazo Derruido da Existencia
  7. Akelarre
  8. Nocturnal Misantropia
  9. Do eterno xeo
  10. Descenso Polo Arbóreo Sendeiro do Delirio