Letras Web

Na Terra do Carallo

A Compañia do Ruido

4 acessos

Na terra do meighallo
pola que choran os esquecidos,
na terra da morriña
onde mandan as meigas,
na terra da queimada
castañas e sardiñada,
na terra do Ribeiro
da ghaita e do pandeiro,

Na terra do carallo
aquí non sae o sol,
na terra do carallo
aquí non sae o sol
nin en maio.

Na terra do emighrante
da nasa e do palangre,
na terra da empanada
tamén contaminada,
na terra da curota
xurelo e maraghota,
na terra do nordeste
fuxindo pola popa,

Na terra do carallo
aquí non sae o sol,
na terra do carallo
aquí non sae o sol.

Terra do carallo
Terra do carallo

Na terra do carallo
aquí non sae o sol,
na terra do carallo
aquí non sae o sol.
nin en maio.

Top Letras de A Compañia do Ruido

  1. Na Terra do Carallo